Monday 29 de April de 2024

O concello de Riveira homenaxeará ás amas de casa no Día da Muller Traballadora


O Concello de Riveira vai homenaxear este ano no Día das Letras Galegas ás amas de casa. A celebración terá lugar o vindeiro mércores 8 de marzo cun evento que arrancará ás 18.30 horas no Auditorio Municipal.

Con tal motivo, entregarase un diploma conmemorativo e un ramo de flores a unha representación deste multitudinario colectivo, encarnada na directiva da Asociación de Amas de Casa de Riveira e nas delegadas parroquais.

As máis maiores
Así mesmo, serán agasalladas entre outros obsequios cunha placa conmemorativa as mulleres máis maiores de cada parroquia que dedicaron toda unha vida de traballo ao fogar e á familia.

No acto está confirmada a presenza do alcalde Manuel Ruiz, da concelleira de Servizos Sociais Esther Patiño e a directora do CIM Ángeles Crujeiras.

O grupo de cantareiras Aires de Barbanza da Asociación Amas de Casa amenizarán o acto.